Mostrando entradas con la etiqueta TIC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TIC. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de septiembre de 2008

O BLOG / CADERNO DIXITAL


O Blog ou Caderno Dixital.
Un autor ou un grupo reducido deles, escribe un contido sobre o que os lectores poden opinar.
Organízase de maneira que o último escrito é o primeiro que se pode ler, e os comentarios dos lectores pódeselles dar mais ou menos importancia.


Un blog con unha actualización frecuente pode ter un bo número de lectores que coas súas opinións e comentarios enriquecen o tema tratado nunha determinada entrada.
O blog pode ser un taboleiro de anuncios, o profesor pode publicar enlaces e contidos.
O blog pode utilizarse para organizar o debate na clase sobre un determinado tema.
O profesor pode empregalo blog para organizar seminarios e resumes dos temas ou lecturas.

O estudante pode:

  • Escribir os seus propios blogs.
  • Introducir comentarios noutros blogs.
  • Aportar enlaces.
  • Expoñer dúbidas e realizar preguntas, enriquecendo a aprendizaxe
A seguinte presentación é un tutorial de Blogger:
Tutorial de Blogger
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: web blogger)

SOFTWARE LIBRE

¿Que é o Software libre?
O que fai que un programa de computadora sexa libre é a súa licenza. Todos veñen cun documento que nos indica en qué forma podemos usalo, se podemos copialo ou modificalo.
Os softwares mais coñecidos, coma o Sistema operativo Windows permiten a instalación nunha sola máquina e non ofrecen a posibilidade de modificalos ou de ver como están feitos, nin sequera se poden prestar (a lo menos en teoría).
Pola contra o “Software Libre” habilita o usuario a que vexa como está feito, a que o modifique e despois poida darllo a quen desexe.
Cando os ordenadores persoais comezaron a ser masivos, algunhas empresas consideraron que non era bo que calquera puidese ver como estaba feito o programa, pois investiran moitos cartos no seu desenrolo e calquera empresa podería empregar os seus avances no seu propio beneficio. Entón comezaron a esconder o “código fonte” dos programas (instrucións que os programadores dan a computadora) para que solo puidesen os que traballaban na propia empresa.
Richard Stallman, un investigador do Massachusetts Institute of Tecnology , iniciou en 1984 un movemento para manter o software e o seu código libre das trabas das empresas, pensaba que compartindo coñecementos a sociedade se beneficiaría con mellores programas.
Alpha e Beta
Os programas de software libre poden baixarse da rede ou conseguirse en 3 versións diferentes:
· Alpha: para desenroladores de software
· Beta: para usuarios experimentados que queren probar novas características e arríscanse a que algunhas cousas non funcionen
· Estable; para os usuarios finais.
As versións alpha van introducindo as novas características, a medida que se amañan os problemas vanse incorporando as versións beta e estable.
Con este tipo de desenrolo non se ten a presión da venta, os cambios realízanse con seguranza e cando chegan a versión estable xa teñen poucos ou ningún problema. Este é o camiño que recorreron algúns programas famosos coma o LINUX.
Pola contra o software de propietario ten a obriga de sacar un novo modelo tódolos anos, e a cada un deben engadirlle novas funcións para que o usuario desexe compralo. Un retraso no tempo establecido para saír a venta supón perdas económicas, e os programas saen a venta con problemas que deben ser resoltos a través de parches (patches) que só os poden realizar os propios programadores da empresa xa que o código xenético está oculto para o resto da humanidade.
¿Por qué gastar cartos nun software que pode ser sustituido hoxe en día por outro gratuito e libre da misma calidade?
¿No nos damos conta que cada día que pasa o concepto "programa informático" está desaparecendo? ¿que poucas cosas nos poden facer falla mais aló do que un navegador Web nos proporciona?

A WEB 2.0


Web 2.0
Dende outubro de 2004 popularizouse o termo para falar das últimas tendencias en Internet.
Este nome emprégase para unir unha serie de conceptos, tecnoloxías e sobre todo unha actitude para o uso desas tecnoloxías e as aplicacións nos servizos Web.
Poderíase considerar que a Web 1.0 anterior a 1999 estaría exemplificada no buscador Altavista, o correo de Hotmail, a Enciclopedia Encarta, o navegador Netscape Navigator 4.7.
A Web 2.0 estará representada polo tanto por Google, Gmail, Blogger, Wikipedia, Firefox......
O grande valor da Web 2.0 é que se reduce a distancia entre os que “navegan” pola web e os que publican información na mesma . Hoxe calquera usuario pode acceder a un xestor de contidos en forma de Blog, publicar imaxes en Flickr, publicar vídeos en You Tube, crear unha wiki en Wikispaces.....
Ademais a web estase a converter na plataforma sobre a que se executan as nosas aplicacións (procesadores de texto, follas de cálculo, retoque de imaxes...) cada vez mais independentes do sistema operativo do noso ordenador. Os programas e aplicacións están na rede, actualízanse automaticamente a novas versións e non temos a necesidade de instalalos no noso ordenador, están sempre dispoñibles na web.
A web 2.0 non é so unha fonte de recursos, senón unha plataforma onde traballar con eses recursos. Ofrece:
Uso sinxelo –calquera pode crear un blog ou unha wiki- con coñecementos básicos de ofimática basta.
Moitas posibilidades diferentes de comunicación: compartir fotos, articules, traballos, vídeos, enlaces, manter debates, comentar traballos de outros e incluso avalialos.