Mostrando entradas con la etiqueta INFORMÁTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INFORMÁTICA. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de octubre de 2008

PAPER SHOW

Neste video mostrovos un caderno dixital que vai a presentara a Editorial Oxford
deixade aquí a vosa opinión

jueves, 25 de septiembre de 2008

A WIKIPEDIA

A Wikipedia, é unha enciclopedia virtual escrita por usuarios anónimos. Alí podedes ler as definiciones dos conceptos para poñervos un pouco o día. Tamén existe a Galipedia, en Galego.
Vamos a visitala para ver cómo é e buscar información que vos guste e vos interese.
¿Sabedes que na Wikipedia e na Galipedia, podedes escribir vos si queredes?
Na Web 2.0 a participación da xente é o fundamental.

Á Wikipedia chegamos a traves dun enlace ou link, como se di en inglés. Os entendidos chámanos hiperenlaces, e resulta que unha cousa tan sinxela de entender e de facer é a base da Web. Cos hiperenlaces podemos chegar a calquera parte do ciberespacio e adquirir información e coñecementos de todo tipo. Agora a información non se le como nos libros ou os xornais, senón que imos saltando dunha web a outra segundo o que nos interese saber. Por exemplo, na Wikipedia, os artigos conteñen moitos enlaces que nos permiten completar a información ao noso gusto.
!!! Por suposto, a infomación que se introduce na Wikipedia debe ser veraz e contrastada, non serven opinions persoais nin información copiada sen permiso do autor¡¡¡

miércoles, 24 de septiembre de 2008

GMAIL o correo do Google

Gmail, o correo do Google

É un dos servizos de correo mais populares en Internet.

As súas principais características son as seguintes:

  • Servizo gratuíto.
  • 2.5 Gigabytes iniciais de almacenamento.
  • Busca de mensaxes.
  • Conversacións agrupadas.

Gmail é un servizo completamente gratuíto, dende Febreiro de 2007 está dispoñible para todo o mundo, para crear unha conta só hai que ir á web de gmail e solicitala.

Google intenta desmarcarse dos seus competidores ofrecendo un servizo libre de publicidade , e seguindo o que ata agora é a súa filosofía, só ofrece pequenos anuncios de texto e vínculos a páxinas web que poidan interesarche.

O seu grande poder de almacenamento desmárcao dos demais servizos de correo gratuíto en Internet, pois aínda que agora a súa capacidade se atopa sobre os 2 .5 Gb, Google segue incrementando esta cantidade a cada segundo que pasa. De feito, é posible ver a cantidade exacta ao momento na súa páxina de log-in.

As Conversacións en Gmail

Outra das características únicas de Gmail é a posibilidade de crear conversacións para un mesmo tema, desta forma todas as repostas a un correo se mostra como unha soa mensaxe. A isto é o que Gmail chama conversación.

Desta forma cando recibas unha mensaxe podes contestalo pulsando o enlace que atoparás ao pé Responder. Se o correo foi enviado a máis dunha persoa tamén se mostrará a opción Responder a Todos para mandar un correo colectivo a todas aquelas persoas que recibiron a primeira mensaxe.

Con Gmail poderás tamén enviar arquivos adxuntos de ata 10 Megabytes de tamaño. Algo que fai deste correo un servizo moi útil mesmo para gardar copias de seguridade dalgúns arquivos aos que poderás acceder dende calquera parte do mundo.


por Jesús Castro. IES Concepción Arenal.

martes, 23 de septiembre de 2008

O BLOG / CADERNO DIXITAL


O Blog ou Caderno Dixital.
Un autor ou un grupo reducido deles, escribe un contido sobre o que os lectores poden opinar.
Organízase de maneira que o último escrito é o primeiro que se pode ler, e os comentarios dos lectores pódeselles dar mais ou menos importancia.


Un blog con unha actualización frecuente pode ter un bo número de lectores que coas súas opinións e comentarios enriquecen o tema tratado nunha determinada entrada.
O blog pode ser un taboleiro de anuncios, o profesor pode publicar enlaces e contidos.
O blog pode utilizarse para organizar o debate na clase sobre un determinado tema.
O profesor pode empregalo blog para organizar seminarios e resumes dos temas ou lecturas.

O estudante pode:

  • Escribir os seus propios blogs.
  • Introducir comentarios noutros blogs.
  • Aportar enlaces.
  • Expoñer dúbidas e realizar preguntas, enriquecendo a aprendizaxe
A seguinte presentación é un tutorial de Blogger:
Tutorial de Blogger
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: web blogger)

SOFTWARE LIBRE

¿Que é o Software libre?
O que fai que un programa de computadora sexa libre é a súa licenza. Todos veñen cun documento que nos indica en qué forma podemos usalo, se podemos copialo ou modificalo.
Os softwares mais coñecidos, coma o Sistema operativo Windows permiten a instalación nunha sola máquina e non ofrecen a posibilidade de modificalos ou de ver como están feitos, nin sequera se poden prestar (a lo menos en teoría).
Pola contra o “Software Libre” habilita o usuario a que vexa como está feito, a que o modifique e despois poida darllo a quen desexe.
Cando os ordenadores persoais comezaron a ser masivos, algunhas empresas consideraron que non era bo que calquera puidese ver como estaba feito o programa, pois investiran moitos cartos no seu desenrolo e calquera empresa podería empregar os seus avances no seu propio beneficio. Entón comezaron a esconder o “código fonte” dos programas (instrucións que os programadores dan a computadora) para que solo puidesen os que traballaban na propia empresa.
Richard Stallman, un investigador do Massachusetts Institute of Tecnology , iniciou en 1984 un movemento para manter o software e o seu código libre das trabas das empresas, pensaba que compartindo coñecementos a sociedade se beneficiaría con mellores programas.
Alpha e Beta
Os programas de software libre poden baixarse da rede ou conseguirse en 3 versións diferentes:
· Alpha: para desenroladores de software
· Beta: para usuarios experimentados que queren probar novas características e arríscanse a que algunhas cousas non funcionen
· Estable; para os usuarios finais.
As versións alpha van introducindo as novas características, a medida que se amañan os problemas vanse incorporando as versións beta e estable.
Con este tipo de desenrolo non se ten a presión da venta, os cambios realízanse con seguranza e cando chegan a versión estable xa teñen poucos ou ningún problema. Este é o camiño que recorreron algúns programas famosos coma o LINUX.
Pola contra o software de propietario ten a obriga de sacar un novo modelo tódolos anos, e a cada un deben engadirlle novas funcións para que o usuario desexe compralo. Un retraso no tempo establecido para saír a venta supón perdas económicas, e os programas saen a venta con problemas que deben ser resoltos a través de parches (patches) que só os poden realizar os propios programadores da empresa xa que o código xenético está oculto para o resto da humanidade.
¿Por qué gastar cartos nun software que pode ser sustituido hoxe en día por outro gratuito e libre da misma calidade?
¿No nos damos conta que cada día que pasa o concepto "programa informático" está desaparecendo? ¿que poucas cosas nos poden facer falla mais aló do que un navegador Web nos proporciona?

A WEB 2.0


Web 2.0
Dende outubro de 2004 popularizouse o termo para falar das últimas tendencias en Internet.
Este nome emprégase para unir unha serie de conceptos, tecnoloxías e sobre todo unha actitude para o uso desas tecnoloxías e as aplicacións nos servizos Web.
Poderíase considerar que a Web 1.0 anterior a 1999 estaría exemplificada no buscador Altavista, o correo de Hotmail, a Enciclopedia Encarta, o navegador Netscape Navigator 4.7.
A Web 2.0 estará representada polo tanto por Google, Gmail, Blogger, Wikipedia, Firefox......
O grande valor da Web 2.0 é que se reduce a distancia entre os que “navegan” pola web e os que publican información na mesma . Hoxe calquera usuario pode acceder a un xestor de contidos en forma de Blog, publicar imaxes en Flickr, publicar vídeos en You Tube, crear unha wiki en Wikispaces.....
Ademais a web estase a converter na plataforma sobre a que se executan as nosas aplicacións (procesadores de texto, follas de cálculo, retoque de imaxes...) cada vez mais independentes do sistema operativo do noso ordenador. Os programas e aplicacións están na rede, actualízanse automaticamente a novas versións e non temos a necesidade de instalalos no noso ordenador, están sempre dispoñibles na web.
A web 2.0 non é so unha fonte de recursos, senón unha plataforma onde traballar con eses recursos. Ofrece:
Uso sinxelo –calquera pode crear un blog ou unha wiki- con coñecementos básicos de ofimática basta.
Moitas posibilidades diferentes de comunicación: compartir fotos, articules, traballos, vídeos, enlaces, manter debates, comentar traballos de outros e incluso avalialos.