martes, 23 de septiembre de 2008

A WEB 2.0


Web 2.0
Dende outubro de 2004 popularizouse o termo para falar das últimas tendencias en Internet.
Este nome emprégase para unir unha serie de conceptos, tecnoloxías e sobre todo unha actitude para o uso desas tecnoloxías e as aplicacións nos servizos Web.
Poderíase considerar que a Web 1.0 anterior a 1999 estaría exemplificada no buscador Altavista, o correo de Hotmail, a Enciclopedia Encarta, o navegador Netscape Navigator 4.7.
A Web 2.0 estará representada polo tanto por Google, Gmail, Blogger, Wikipedia, Firefox......
O grande valor da Web 2.0 é que se reduce a distancia entre os que “navegan” pola web e os que publican información na mesma . Hoxe calquera usuario pode acceder a un xestor de contidos en forma de Blog, publicar imaxes en Flickr, publicar vídeos en You Tube, crear unha wiki en Wikispaces.....
Ademais a web estase a converter na plataforma sobre a que se executan as nosas aplicacións (procesadores de texto, follas de cálculo, retoque de imaxes...) cada vez mais independentes do sistema operativo do noso ordenador. Os programas e aplicacións están na rede, actualízanse automaticamente a novas versións e non temos a necesidade de instalalos no noso ordenador, están sempre dispoñibles na web.
A web 2.0 non é so unha fonte de recursos, senón unha plataforma onde traballar con eses recursos. Ofrece:
Uso sinxelo –calquera pode crear un blog ou unha wiki- con coñecementos básicos de ofimática basta.
Moitas posibilidades diferentes de comunicación: compartir fotos, articules, traballos, vídeos, enlaces, manter debates, comentar traballos de outros e incluso avalialos.

No hay comentarios: