miércoles, 18 de febrero de 2009

E-learning

Sabiades que o voso instituto ten unha plataforma de ensino a distancia a través da web.
Esta plataforma é Moodle, podedes acceder a ela dende a páxina do Instituto na zona de Aula virtual.
Moodle é un entorno de ensino-aprendizaxe a distancia de tipo constructivista (aprender facendo).
Trátase de software libre e basa o seu funcionamento noutras aplicacións tamén de software libre.
Na Aula Virtual do noso Instituto atoparedes cursos, foros, blogs... feitos polos profesores para que practiquedes os contidos dende a vosa casa.
As actividades que vos propoño son:
  • Facer un cuadro ou táboa coas ferramentas que ofrece o Moodle. Esta taboa podedes elaborala en calquera procesador de textos (open office writer, google docs, ou word) e logo subila o blog.
  • Exercicios 4, 5, 6 da páxina 104. Responderedes no blog.

No hay comentarios: